28 feb 2011

Prazo de inscripción "Natación para Maiores"


O vindeiro luns 14 de Marzo abrirase o prazo de inscripción para a actividade de natación para maiores e permanecerá aberto ata o xoves 31 de Marzo.

A actividade poñerase en marcha o 4 de Abril e rematará o 29 de Xuño.

Podes descargar a folla de inscripción picando enriba das fotos

23 feb 2011

Resultados do Xadrez-Marín


Éxito do equipo de segunda division "Ence B", conseguida na Estrada por 2,5 a 1,5 puntuando Santiago, Martínez e Estepa.
Menos sorte tiveron o "Ence A", o "Aegón Promesas" e o "Aegón B" que non puideron alcanzar vitorias nos seus enfrontamentos.

17 feb 2011

VI VOLTA PEDESTRE "O MORRAZO" POR RELEVOS

A Concellaría de Deportes do Concello de Bueu pretende organizar a VI Volta Pedestre O MORRAZO por Relevos.
Dita proba deportiva levarase a cabo o 17 de Maio e transcorrerá entre os municipios do Morrazo
 O Concello de Marín colaborará activamente nesta proba.

INFORMACIÓN: CONCELLARÍA DE DEPORTES BUEU
                               Rúa Pazos Fontenla 29, 2º andar, 36930 Bueu
                               deporte@concellodebueu.org
                               Telf. 986 324338 - 670 421 232
                               Fax 986 322099

16 feb 2011

HOXE MÉRCORES 16 DE FEBREIRO PECHAN TODAS AS INTALACIÓNS MUNICIPAIS

Debido a alerta vermella declarada pola Xunta de Galicia suspendense todas as actividades deportivas municipais no dia de hoxe.
Si mañán día 17 continúa en vigor a alerta vermella volverán a pechar as instalacións.

15 feb 2011

PARABÉN AOS NOSOS CAMPIÓNS DO CLUBE TAEKWONDO MAT´S

Neste Campionato de España Absoluto 2011 que tivo lugar en Alicante este día 5 de Febreiro os tres participantes que presentou o clube da nosa vila tiveron resultados inmellorabels:
JOSE ANTONIO CARREGAL Campión de España en categoría 68 kilos.
KATIA CALVAR Campiona de España en categoría de menos de 57 kilos.
CARLA BALADO Sub-Campiona de España en categoría de peso pesado. 

Parabén aos tres polos éxitos colleitados e felicidades os técnicos Belén Asensio y Jose Ángel Torres que día a día ensinan e forman a todos os nosos taekwondistas. 

8 feb 2011

ALUGUER DE INTALACIÓNS DEPORTIVAS NA FIN DE SEMANA

A partir desta fin de semana xa se poden volver alugar as intalacións deportivas (pavillóns e pista de tenis) na fin de semana sempre que non interfira nas competicións dos clubes do Concello.
O horario de uso será o mesmo co semanal de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 23:00.
O horario de aluguer será na oficina de Deportes en horario de 10:00 a 14:00.

APUNTATE A XADREZ!!