30 may 2011

CENA FIN DE TEMPORADA DO GRUPO DE XIMNASIA DE ADULTOS

O  xoves fixose a cena de final de temporada das alumnas da ximnasia de adultos.
Unha noite de festa e moi bo ambiente.

11 may 2011

Medalla de ouro Club de Remo Ría de Marín ( Adrián Pazos e Pedro Fernández)

O mes de maio comezou ben para o Club de remo Ría de Marín. Esta fin de semana celebrouse en Coimbra a Regata Internacional Queima das Fitas.
O dobre skull en categoría sénior absoluto masculino obtivo a medalla de ouro na Regata Internacional Queima das Fitas de Coimbra, Portugal.
A embarcación formada por Adrián Pazos e Pedro Fernández enfrontouse á representación de máis de trinta clubs de Portugal e España.
Nesa mesma regata a xoven promesa Simón Salgado en categoría cadete quedou en 5º lugar de corenta e tres embarcacións en skif.
Gustavo Santiago Fernández, remeiro en categoría absoluto, tamén en skif, conseguiu rematar a súa regata na 4ª posición enfrontándose a máis de corenta embarcacións.
Continúan así os bos resultados despois da actuación que este grupo de remeiros tivo o mes pasado na regata de Banyoles, preparatoria para a Selección española, onde Simón Salgado acadou un meritorio sexto posto.

14 abr 2011

Aluguer de Pista de Tenis en xornada matinal

A partit  de hoxe Xoves 14 de Abril de 2011 retomarase o aluguer da pista de tenis  pala semana en xornada matinal de 10:30 a 13:30.
Para poder alugar a pista ademais dos pasos habituais deberase recoller e devolver a chave da pista na oficina de Deportes.
Ademais deberase deixar un o DNI ou 5€ en deposito na oficina.

MARÍN PATINA 2011

O vindeiro Domingo 15 de Maio terá lugar en Marín o maior evento de patinaxe urbano de Galicia.