30 may 2011

CENA FIN DE TEMPORADA DO GRUPO DE XIMNASIA DE ADULTOS

O  xoves fixose a cena de final de temporada das alumnas da ximnasia de adultos.
Unha noite de festa e moi bo ambiente.

11 may 2011

Medalla de ouro Club de Remo Ría de Marín ( Adrián Pazos e Pedro Fernández)

O mes de maio comezou ben para o Club de remo Ría de Marín. Esta fin de semana celebrouse en Coimbra a Regata Internacional Queima das Fitas.
O dobre skull en categoría sénior absoluto masculino obtivo a medalla de ouro na Regata Internacional Queima das Fitas de Coimbra, Portugal.
A embarcación formada por Adrián Pazos e Pedro Fernández enfrontouse á representación de máis de trinta clubs de Portugal e España.
Nesa mesma regata a xoven promesa Simón Salgado en categoría cadete quedou en 5º lugar de corenta e tres embarcacións en skif.
Gustavo Santiago Fernández, remeiro en categoría absoluto, tamén en skif, conseguiu rematar a súa regata na 4ª posición enfrontándose a máis de corenta embarcacións.
Continúan así os bos resultados despois da actuación que este grupo de remeiros tivo o mes pasado na regata de Banyoles, preparatoria para a Selección española, onde Simón Salgado acadou un meritorio sexto posto.

14 abr 2011

Aluguer de Pista de Tenis en xornada matinal

A partit  de hoxe Xoves 14 de Abril de 2011 retomarase o aluguer da pista de tenis  pala semana en xornada matinal de 10:30 a 13:30.
Para poder alugar a pista ademais dos pasos habituais deberase recoller e devolver a chave da pista na oficina de Deportes.
Ademais deberase deixar un o DNI ou 5€ en deposito na oficina.

MARÍN PATINA 2011

O vindeiro Domingo 15 de Maio terá lugar en Marín o maior evento de patinaxe urbano de Galicia.

22 mar 2011

Esgotadas as prazas para a primeira quenda de Natación para Adultos

Esgotáronse as prazas para a quenda das 10:15.

VI Campus Minibasket Vila de Marín

Datas de celebración: 18,19 y 20 de Abril ( luns, martes e mércores de Semana Santa)
Dirixido a nenos e nenas nados/as dende o 1997 ata o 2006
Participantes estimados: 100-130 (non mais por exceso de capacidade)
Custo da actividade: 10€ se pertences o Clube
                              15€ se no pertences o Clube

7 mar 2011

¡Xa podes descargar a solicitude de aluguer de instalación online!

Para maior comodidade xa podes descargar a solicitude de instalacións a través do blog aforrando o paso de ir buscala á oficina de deportes.
A ligazón atopase na pestana de "tarefas de aluguer"
Os pasos de aluguer agora serían:
- consulta de dispoñibilidade horaria no teléfono 986 89 04 88 e reserva limite ata as 14:00 h (sen a consulta e posterior confirmación polo persoal de deportes NON se reserva instalación)
- descarga da solicitude no blog
- pagamento de taxas no concello
- entrega da solicitude selada na oficina de deportes antes das 14:00h

28 feb 2011

Prazo de inscripción "Natación para Maiores"


O vindeiro luns 14 de Marzo abrirase o prazo de inscripción para a actividade de natación para maiores e permanecerá aberto ata o xoves 31 de Marzo.

A actividade poñerase en marcha o 4 de Abril e rematará o 29 de Xuño.

Podes descargar a folla de inscripción picando enriba das fotos

23 feb 2011

Resultados do Xadrez-Marín


Éxito do equipo de segunda division "Ence B", conseguida na Estrada por 2,5 a 1,5 puntuando Santiago, Martínez e Estepa.
Menos sorte tiveron o "Ence A", o "Aegón Promesas" e o "Aegón B" que non puideron alcanzar vitorias nos seus enfrontamentos.

17 feb 2011

VI VOLTA PEDESTRE "O MORRAZO" POR RELEVOS

A Concellaría de Deportes do Concello de Bueu pretende organizar a VI Volta Pedestre O MORRAZO por Relevos.
Dita proba deportiva levarase a cabo o 17 de Maio e transcorrerá entre os municipios do Morrazo
 O Concello de Marín colaborará activamente nesta proba.

INFORMACIÓN: CONCELLARÍA DE DEPORTES BUEU
                               Rúa Pazos Fontenla 29, 2º andar, 36930 Bueu
                               deporte@concellodebueu.org
                               Telf. 986 324338 - 670 421 232
                               Fax 986 322099

16 feb 2011

HOXE MÉRCORES 16 DE FEBREIRO PECHAN TODAS AS INTALACIÓNS MUNICIPAIS

Debido a alerta vermella declarada pola Xunta de Galicia suspendense todas as actividades deportivas municipais no dia de hoxe.
Si mañán día 17 continúa en vigor a alerta vermella volverán a pechar as instalacións.

15 feb 2011

PARABÉN AOS NOSOS CAMPIÓNS DO CLUBE TAEKWONDO MAT´S

Neste Campionato de España Absoluto 2011 que tivo lugar en Alicante este día 5 de Febreiro os tres participantes que presentou o clube da nosa vila tiveron resultados inmellorabels:
JOSE ANTONIO CARREGAL Campión de España en categoría 68 kilos.
KATIA CALVAR Campiona de España en categoría de menos de 57 kilos.
CARLA BALADO Sub-Campiona de España en categoría de peso pesado. 

Parabén aos tres polos éxitos colleitados e felicidades os técnicos Belén Asensio y Jose Ángel Torres que día a día ensinan e forman a todos os nosos taekwondistas. 

8 feb 2011

ALUGUER DE INTALACIÓNS DEPORTIVAS NA FIN DE SEMANA

A partir desta fin de semana xa se poden volver alugar as intalacións deportivas (pavillóns e pista de tenis) na fin de semana sempre que non interfira nas competicións dos clubes do Concello.
O horario de uso será o mesmo co semanal de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 23:00.
O horario de aluguer será na oficina de Deportes en horario de 10:00 a 14:00.

APUNTATE A XADREZ!!